A Vía Láctea e o ceo nocturno galego, nun cento de imaxes

amelia ferreiroa

DEZA

cedida

25 jun 2019 . Actualizado a las 20:02 h.

Despois de experimentar en varias áreas da fotografía, Daniel Llamas e Daniel Lois comezaron a facer largas exposicións e a experimentar e quedaron fascinados fotografando os ceos nocturnos. Fuxindo das cidades pola contaminación lumínica ambos captaron a Vía Láctea e o ceo nocturno de Galicia dende paisaxes extraordinarias da xeografía galega que se recompilan nun libro: Galicia un lugar máxico para contemplar as estrelas, que se presenta hoxe ás 20.30 horas na biblioteca Varela Jácome de Lalín.

Un traballo de Lois e Llamas que recolle un cento de instantáneas fondamente planificadas. «Nada é froito da casualidade. Hai fotografías que nos levou meses e ata anos lograr. A imaxe do Cabo Vilán coa súa fareira supuxo dos anos de desprazamentos ata alí, de ceos cubertos que non se prestaban para a fotografía ata que se deron todos os condicionantes ou a da Praia das Catedrais, que logramos o ano pasado antes de que salise este libro», explica Daniel Lois.

Unha publicación de Ludica7 na que se pode ollar unha importante selección de fotos que foron premiadas en concursos internacionais de fotografía, sendo o primeiro libro que se edita sobre a Vía Láctea en Galicia.