A Estrada e a política. 2019


Hai xa máis de unha década, unha cidadán estudosa da política me dixo que a verba de moda no futuro sería “Compromiso”. Pois ben, acertou. É a palabra máis utilizada pola maioría dos políticos de todas as cores, non só porque ten un significado moderno senon porque Compromiso significa “unha obligación contraída con unha ou varias persoas”. Recordo tamén outra anécdota no Parlamento de Galicia cando un alto responsable me dixo o día que nos coñecemos, “Tedes o nome máis bonito para un partido político”. Pois iso é o que quero trasmitir, que pertencemos a un proxecto que nos obriga a ser honestos, transparentes e cumplidores das nosas obligacións.

A intención de este relato é mostrar o meu punto de vista sobre a política na casa común de todos os estradenses, en definitiva falar de porque sería importante sacar uns bos resultados electorais e porque beneficiaría ós estradenses ter un goberno comprometido coa Estrada e que reciprocamente o pobo estivese comprometido co noso proxecto. Dende dentro da candidatura podo asegurar que a ilusión por facer ben as cousas e inmensa.

Logo da transición, despois do pasamento do dictador, foron moitas as lexislaturas vividas polos estradenses, nas que houbo pouca alternancia partidaria, case sempre estiveron implicados aqueles que máis ruido mediático facían e que dispoñían de máis recursos económicos, onde pouca implicación da veciñanza se apreciaba, ben por descoñecemento do sistema ou ben pola incredulidade do exercicio político. Agora vivimos momentos de cambio no político, no social e no económico pero non debemos ter medo ós cambios de etapa porque servirán para seguir mellorando en todo.

Compromiso é unha organización recente, creada no 2012 por xente nova que non ven de outros proxectos, senon que teñen a confianza de que as cousas se poden cambiar para mellor. Os tempos van mudando e agora toca facer unha política para as persoas e os territorios. A propia Unión Europea está mudando as súas bases programáticas para que sexan políticas máis aplicables e beneficiosas para os cidadáns.

Pois é aquí onde quero poñer o foco. Nesta ocasión presentamos na Estrada unha candidatura solvente con persoas comprometidas coa vila e con alta capacidade de xestión, xente honesta, con traxectoria e experiencia en diversos campos, onde destaca a ilusión polo cultural, o compromiso coa veciñanza e a eficacia na xestión dos recursos públicos co obxetivo de mellorar a calidade de vida e de sanear as contas para reinvertirlas nos estradenses.

É moi positivo que haxa unha candidatura como a de Compromiso para votar nas vindeiras elecións, sobretodo porque así conseguimos máis pluralidade nos debates e porque a xente de Compromiso non está viciada nos partidos hexemónicos que houbo ata o de agora, e que nos demostraron que non se implicaban nos verdadeiros problemas dos veciños, querendo destacar aquí carencias no rural, carencias na atención ós nosos maiores, implantación de iniciativas que aumenten o empadroamento na Estrada, os xóvenes, etc.

É unha candidatura esperada porque trasladamos ao noso proxecto o que a xente di necesitar. Ten o noso Concello ( vila e Rural) , a oportunidade da dar un salto cualitativo baseado nas necesidades reais da poboación estradense, con caras coñecidas e coa obriga de resolver as situacións que se produzan no comiño. Contade con nós

Coa vosa confianza. Será posible

 

Por Orlando Villamayor Número 4 de Compromiso por A Estrada

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Estrada e a política. 2019