«A equitación é un deporte completo e a maiores estamos nun sitio que é un diamante en bruto»

La Voz

DEZA

rober amado

13 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Hípico Juan Oliveira ven ofrecendo campamentos para os cativos, en datas vacacionais. A próxima cita os días 15, 16 e 17 deste mes, coincidindo coas vacacións de Semana Santa.

-Facémolos para favorecer a conciliación laboral e familiar. Os campamentos tamén son un xeito de tomar contacto co club e saber o que facemos. De feito, despois de participar nalgún campamento propiciáronse altas. Nós o que pretendemos é que a doma clásica sexa un referente xa que hai moito descoñecemento ao respecto e a equitación é un deporte moi completo, e a maiores o sitio no que estamos é un diamante en bruto. Moita xente non coñece Mouriscade e é unha mágoa.

-Que actividades se levarán a cabo nos campamentos?

-Haberá volteo, pony games, aventura, tiro con arco, roteiro, talleres, búsqueda do tesouro... Constará de dúas partes: actividade hípica, merenda e unha segunda actividade. Xa temos 29 rapaces anotados e só nos restan 3 prazas para a quenda de mañán e 6 para a da tarde. Funciona moi ben esta actividade que ofrecemos en Nadal, Semana Santa e verán. É unha experiencia magnífica para os cativos que disfrutan do medio ambiente, aire puro, contacto estreito coa natureza sen estar coas consolas ou cos teléfonos todo o día.

-Segue asociándose a hípica como un deporte elitista e ao alcance de só uns poucos.

-É un tópico que ten que desaparecer. A realidade é outra. É certo que o cabalo precisa coidados diarios, e é evidente que iso repercute na actividade pero non é un deporte que non se poida practicar. Noutro deporte ao mellor o material é máis barato pero a equitación non é algo que non te poidas permitir. Nós somos familias normais, con empregos normais e aquí estamos.