As pizarras da portuguesa Ana Paula Carvalho, en Lalín

amelia ferreiroa

DEZA

Miguel Souto

09 abr 2019 . Actualizado a las 20:56 h.

A artista portuguesa Ana Paula Carvalho amosa no Café de Mili, en Lalín, ata finais de maio dezanove obras na que a pizarra é a protagonista. Un material imprescindible na creatividade de Ana Paula «ao sermos cómplices as dúas; a pizarra emite unha vibración especial, está viva», e que entende o seu traballo como un vínculo «para mellorar como persoa». Esta maestra de Oporto, que xa conta con mostras expositivas levadas a cabo no Cebreiro, en Santiago e que exporá tamén na Fundación Rosalía en Padrón con motivo do Día das Letras Galegas, colga os seus traballos na capital dezá despois de vir ao concerto de Xabier Díaz, tomar un café na de Mili e «así xurdiu esta mostra na que o currículo é o que se ve, que é a miña forma de sentir e a miña interioridade».

Obras que están todas á venda, que combinan pizarra con outros elementos como metais, madeira e mesmo cáscara de coco e cuxo nome «vai saindo sempre durante o proceso creativo ao ser un proceso interno de meditación á hora de crear e tamén de darlle nome aos traballos».