A traxectoria da Esmutelín nun cento de audiovisuais

amelia ferreiroa

DEZA

09 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Escola Municipal de Teatro de Lalín (Esmutelín) apura a tempada co gallo de poder estrear para o vindeiro mes de xuño parte das curtametraxes nas que está traballando na actualidade. Boa parte das obras xurdidas no seo dos distintos grupos de teatro, creados en centros educativos e parroquias, forman parte xa dunha mostra retrospectiva da escola que se poden ollar na súa canle de Youtube. «É un cento de audiovisuais, tanto obras de teatro como curtametraxes, que van dende o ano 2006 ata a actualidade», explica o responsable da Esmutelín Xosé Manuel Ogando Montes.

Dende a escola fíxeronse máis traballos ao longo destes 21 anos de vida pero non todos están colgados na rede «ao quedar moito en arquivo sobre todo obras de teatro». Audiovisuais que son un exercicio de aprendizaxe, suliña Ogando, «ao ser un percorrido que mostra perfectamente o que faciamos antes e o que se fai agora, na actualidade hai máis elaboración e mellor son pero ao final os medios son os mesmos: unha cámara e un ordenador».