Alumnos do IES Colmeiro estudan a Vía da Prata

La Voz

DEZA

Cedida

30 mar 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Alumnos de 3º e 4º de ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda, coordinados pola empresa de turismo e lecer Amarelas e dirixidos por profesores do centro que contan coa colaboración do Concello e de investigadores do patrimonio dezao, están a levar a cabo un traballo sobre os bens patrimoniais, culturais e ambientais existentes no Camiño de Santiago ou Vìa da Prata ao seu paso por este municipio dezao, para a súa divulgación, conservación e posible desenrolo no futuro.

A ponte medieval e a igrexa de Taboada, o camiño real e o lugar de O Foxo, o muíño de Cobián ,a capela do San Brais en Chapa e a igrexa románica de Dornelas foron obxecto dunha detida visita na que o cronista dezao Daniel González Alén, que os acompañou nesta primeira xornada de traballo de campo, dou cumprida referencia da súa historia e valores artísticos, paisaxisticos e etnográficos, na que tamén os e profesores participaron cos seus apuntamentos para dar resposta as numerosas preguntas que formularon os alumnos participantes.

O traballo que continuará con máis xornadas de campo e nas aulas, realízase ao abeiro do programa IDE-SILLEDA (InvestigaDebateEduca), dirixido polas fundacións San Patricio e Baiuca Verdescente. Unha vez realizados os traballos de investigación, o alumnado do instituto Colmeiro terá que desenvolver unha proposta de emprendemento común, orientada a viabilidade e posta en funcionamento dunha empresa relacionada co tema obxecto deste estudo.