Un carro de solidariedade para darlle outra vida útil a bicicletas

O colectivo Recycling activa unha campaña de recadación de fondos para trasladar bicis a África


lalín / la voz

Unha bicicleta é máis que algo meramente lúdico e nalgúns países é un ben prezado, difícil de conseguir, para ir a traballar ou á escola. Darlle unha segunda vida útil ás bicis é o que motivou a posta en marcha da Asociación Recycling en Lalín. Colectivo que comanda José Luis Pereira, xunto a súa muller e un grupo de amigos, e que reuniu 250 velocípedos cuxa meta céntrase agora no desprazamento do material ata África.

-Activan unha campaña para recadar fondos que consiste no sorteo dun lote de produtos.

-«Súbete ao carro da solidariedade», é unha gran cesta valorada nuns 2.000 euros; na que van 60 botellas de viño Mencía e Albariño, 15 queixos das firmas Anzuxao e Hoxe, 6 xamóns de Embutidos Lalinense e chourizos, cervexa de Estrella Galicia e fariña do Muíño de Cuíña. Físicamente non é unha cesta que poida estar exposta nun sitio determinado, ao tratarse de produtos con caducidade, pero entregarase completa a quen posúa os catro últimos números do sorteo da Once que se celebre a finais de maio.

-Como será a dinámica de participación?

-A partires desta semana, probablemente dende o xoves, haberá cartóns a disposición dos interesados en distintos establecementos da zona como La Robleda en Vilatuxe, Asorey y Manhattan en Lalín e Trujillo en Silleda, nos que por 2 euros se poderán xogar catro números diferentes. Aqueles locais que queiran colaborar con nós e ter algún cartón para esta finalidade solidaria só teñen que contactar con nós e llelo entregaremos.

-A totalidade do recadado irá para a viaxe?

-Todo se empregará en financiar o desprazamento das bicicletas ata África para alí facer entrega das mesmas a quenes realmente as precisan. Se sobra algo, que espero que así sexa, irá para outra finalidade solidaria como pode ser axudar á compra de libros para cativos de aquí ou outras iniciativas destas características.

-Que data barallan para viaxar?

-Queremos viaxar a Marrocos o 22, 23 de xuño e intentaremos que poidan acompañarnos algunhas persoas, dispostas a sufragar os seus propios gastos, para ver o proxecto in situ. Para o ano próximo queremos prantexar unha doazón de bicicletas, a modo de cesión, entre aqueles que as precisen pero dentro da nosa comunidade xa que tamén hai necesidades.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un carro de solidariedade para darlle outra vida útil a bicicletas