O Mencer fai balance anual, axudando a 150 familias


Os socios do colectivo O Mencer están chamados a asistir á asemblea xeral anual, que terá lugar o vindeiro 20 de marzo ás 20 horas no local da asociación, e na que se fará balance dun ano de xestión. O Mencer que está prestando axuda na actualidade a 150 familias ven rexistrando «a chegada todas as semanas dalgunha nova familia procedente de Venezuela que deixaron atrás todas as súas pertenzas polo que presentan situacións complicadas», suliña José Luis Factor. Malia que os gastos superaron os ingresos a asociación contaba con remanente «polo que económicamente imos bastante ben, tivemos unha axuda do concello para transporte de alimentos e unha subvención da Deputación para a contratación da educadora social que nos esixiu o Banco de Alimentos para avaliar aos beneficiarios». En canto aos proxectos a desenvolver neste ano a asociación aposta por manter o programa con repartos semanais de alimentos, de xeito rotatorio os luns ás familias con necesidades, e non se prantexa habilitar un comedor social por falta de demanda.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Mencer fai balance anual, axudando a 150 familias