«Queimar os niños é a solución máis eficaz»

amelia ferreiroa

DEZA

rober amado

Probou centos de métodos de trampeo con David Liñares, imparte charlas e pide que se achegue material para frear a invasión da velutina

05 mar 2019 . Actualizado a las 08:39 h.

A chegada da vespa velutina no ano 2015 levou a Jorge Peña a comezar a estudar o seu comportamento «para que non me acabara coas miñas abellas». Aí comezou a súa itinerancia en probas de trampeo e na posta en marcha de distintos métodos para minguar a poboación de velutinas.

-Fixen trampas, probei distintos atraíntes para salvar as miñas colmeas, comprobei os que eran máis eficaces e que non fixeran dano aos outros polinizadores.

-E froito dos anos de investigación e probas, cales son os mellores métodos?

-O primeiro que hai que dicir é que non é o mesmo para as raíñas que para as obreiras. Para as primeiras o mellor é un produto francés da casa Vector Pharma e o Avispa Clac, que é nacional. O primeiro vai ben para cando a meteoroloxía e fría e o segundo para temperaturas máis altas. O recomendable é poñer os dous para ter todo perfectamente cuberto. É moi importante tamén estar pendentes das trampas, non basta con colocalas... hai que limpalas.

-E para as obreiras, composto caseiro para acabar con elas?

-Si aí funciona moi ben un preparado con 5 litros de auga, dos quilos de azucre e un taco de levadura de panadeiro. É unha trampa moi barata e que funciona moi ben.

-Como acabar cos niños?

-David Liñares (apicultor e experto tamén en velutina) e eu fixemos unha pértiga cun soplete e propano na punta para queimar os niños que é o máis eficaz. Non queda ningún resto. A xente non está chamado de seguido ao ver os niños en altura, e estar ao mellor xa neutralizado polos compañeiros de protección civil ou os bombeiros. Logo o aguilucho, que pode exterminar as vespas, non morrerá co veleno que se introducen nos niños. É un sistema rápido, eficaz e barato. Cunha bombona sácanse 50 niños.

-Fai falla máis axuda?

-Hai que facer máis charlas e dar material aos colectivos para frear as vespas. E un consello, non comezar aínda a trampear. É pronto.