Amigos do Camiño de Santiago: «A idea é facer o Camiño de Inverno nunhas quince etapas»

amelia ferreiroa

DEZA

O colectivo prantexa retomar o percorrido en Semana Santa, con distancias diarias máis curtas e moito máis asequibles

12 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Camiño de Inverno, que parte de Ponferrada ata chegar a Compostela, era usado polos peregrinos para evitar as neves do Cebreiro. Un camiño que está cobrando cada vez máis protagonismo e que dende a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Lalín-Deza se encargan tamén de dar a coñecer. De feito o colectivo prepara novas etapas.

-Que pretenden facer?

-Queremos repetir a experiencia que promovemos dende a asociación facendo o Camiño de Inverno dende Ponferrada a Santiago pero a idea é facelo en quince etapas. Significaría facelo en tramos máis curtos para que se poida anotar máis xente, e que disfruten desta experiencia.

-Son máis de douscentos quilómetros ata Compostela.

-Son 264 quilómetros e cando fixemos o camiño as etapas eran máis longas. Agora o que nos prantexamos dende a asociación é programar unhas etapas de dezaoito ou vinte quilómetros para que sexan aptas para máis xente, máis asequibles en definitiva para un maior número de persoas.

-Cando prevén comezar?

-Queremos ter todo listo para poder comezar en Semana Santa e ter pechado xa o calendario das diferentes etapas a realizar. Antes, por certo o 23 antes da Feira do Cocido chegará un cento de camiñantes do Bierzo.

-Acotarán o número de participantes?

-Non pensamos facelo. Nós o que buscamos, e para iso naceu a asociación, é dar a coñecer as riquezas do camiño e divulgalo.

-Que esperan do próximo Xacobeo 2021?

-Máis divulgación. Máis sensibilidade do camiño.

-Nótase xa a presenza de máis peregrinos?

-Os peregrinos que fan o camiño no outono ou no inverno son persoas que o fan normalmente soas ou en parella, no verán xa se ven máis familias ou grupos.