«É un autorretrato, unha reflexión sobre o futuro laboral do artista»

amelia ferreiroa

DEZA

Lorepé

O artista silledense fíxose co primeiro premio do concurso, convocado pola Xunta, coa pintura «En prácticas»

22 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concurso Xuventude Crea, organizado pola Xunta de Galicia, otorgou o primeiro premio ao artista silledense Adrián Penido Núñez. Un xove creador que combina actualmente a aprendizaxe de traballar con coiro coa pintura e a escultura.

-O de ser creativo vénlle de cativo?

-Pois non, fun algo tardío e foi na adolescencia. Xurdiu dun xeito un pouco estraño a través do cómic. Fun interesándome pola ilustración e estudei un ciclo superior de ilustración en Ourense para logo facer Belas Artes.

-Era a súa primeira incursión no Xuventude Crea?

-Xa me presentara nas anteriores convocatorias con esculturas e o ano pasado acadei un terceiro premio compartido.

-Máis sorte nesta edición cun primeiro premio, foi cunha pintura?

-Si. Chámase «En prácticas». É un autorretrato e fago un pouco unha crítica social a este mundo artístico e ás dificultades que temos para saír adiante, é unha reflexión sobre o futuro laboral do artista. Este é un concurso, ten unha dotación económica pero é algo pasaxeiro, non temos a que agarrarnos para manter unha estabilidade. O cadro invita a refexionar sobre o tema e a cada persoa lle evocará certas sensacións ou ideas. Interésame que non quede en algo pechado senón aberto precisamente a opinións.

-Que significa este recoñecemento?

-Os concursos teñen unha parte moi positiva ao teren difusión e dotación económica que axuda pero tamén unha parte negativa que son as inseguridades que vives ao presentarte e non saber se vai gustar a túa creación, incluso pode supoñer modificar a túa propia forma de crear.

-En proxecto?

-Seguir aprendendo. Un artista sempre o está facendo.