Catasós estrea asociación veciñal con cursos e magosto

amelia ferreiroa

DEZA

BASILIO BELLO

17 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia lalinense de Catasós acaba de poñer a andar unha asociación de veciños, que celebrará esta noite no Cazador unha cea-magosto á que asistirán setenta persoas. Un importante volume de participantes que sorprendeu gratamente á xunta directiva ao tratarse da primeira vez que se promove unha iniciativa destas características na parroquia, e á que asistirán tanto socios do colectivo como persoas de fóra; «o certo é que non contabamos que ía haber tan boa resposta por parte dos veciños e de xente icluso doutros sitios», aseguraron dende a asociación.

Por outra banda o colectivo programou unha serie de cursos para os seus asociados; algúns xa se están celebrando e outros darán comezo en vindeiras datas. O curso de memoria foi un dos primeiros que se levou a cabo na parroquia e na actualidade os veciños reciben nocións sobre o manexo dos terminais móbiles. O vindeiro mércores será cando se inicie un cursiño de cestería e para o vindeiro mes de xaneiro xa está prevista a celebración dunha actividade de pintura. Unha asociación de veciños que pretende dinamizar a actividade lúdica e cultural dentro do termo parroquial.