María Crespo: «Ofrecemos unha alternativa sostible que evite a turismofobia»

A empresa aposta pola posta en valor do patrimonio, e dinamizar a economía local


lalín / la voz

Puido ser veterinaria, actriz, cantante ou panadeira; eran opcións coas que soñaba sendo unha cativa, pero finalmente María Crespo Castro apuntou cara ao Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) onde cursou unha diplomatura en Xestión Hoteleira e despois de varios cursos e seminarios relacionados co sector do ocio e facer prácticas laborais que lle permitiron estar en lugares como Munich, Marbella, Madrid e Londres acabou facéndose cargo da dirección xeral da empresa Experiencias del Destino.

-Lalinense, apaixonada do turismo e con empresa radicada en Lugo.

-Ao rematar os estudos a empresa na que fixen as prácticas en Londres ofreceume traballar no departamento de operacións como coordinadora do equipo, e alí estiven case ano e medio ata que fun contactada por Animatium, na que traballara o verán previo aos meus estudos no CSHG para preguntarme se coñecía a alguén ou se estaría interesada para ir a Madrid a encargarme dun novo proxecto que estaban poñendo en marcha. Contáronme que era Experiencias del Destino (EeD), e ofrecínme para o posto. Así que agora estamos coa posta en marcha e conto que para o primeiro trimestre do 2019 poida ter en marcha a oficina de Madrid. A sede da empresa atópase nas instalacións de Animatium en Lugo pero en breve daremos a coñecer o nome da nova sociedade que capitaneará Experiencias del Destino, e a sede social desta nova empresa.

-A súa é unha plataforma de experiencias turísticas. Que a levou por esta senda?

-Analizando o mercado e detectando varias oportunidades e tendencias vimos que era preciso poñer en marcha un proxecto que aportase valor a este novo movemento. EdD nace co obxectivo de cubrir a demanda crecente de contido experiencial e ofrecer unha alternativa sostible que evite a turismofobia ou a sobreexplotación dos recursos, poñendo en valor o patrimonio dos destinos e dinamizando a economía local para crear o que chamaríamos un novo ecosistema turístico; onde as novas tecnoloxías teñen moito protagonismo.

-Cal é o seu funcionamento?

-É unha plataforma de comercialización e venda online de actividades turísticas, recreativas, de ocio, deportivas, gastronómicas, eventos, espectáculos, arte e cultura a nivel nacional e internacional. Unha ferramenta que aglutina todas as propostas do destino local dunha forma rápida, visual e segura. Unha filosofía de negocio Glocal; pensa en global, actúa en local. Somos a ferramenta ideal para administracións ou entidades públicas para poñer en valor e darlle visibilidade a todos os recursos turísticos, culturais e patrimoniais do destino. Poñemos á súa disposición unha oficina de información turística aberta as 24 horas do día os 365 días do ano. Para un productor local, artesán ou guía turístico somos compañeiros de viaxe, un cabo precisado da cadea para darlle visibilidade e poñer en valor a súa labor. Para as axencias de viaxes, touroperadores e empresas turísticas somos os seus provedores de contido e produto experiencial orixinal exclusivo de EdD en cada destino ou localidade.

-Como evolucionou o sector turístico nos últimos anos?

-Unha das maiores tendencias foi a reserva de experiencias á hora de viaxar. Os turistas españois e extranxeiros gastaron 3.750 millóns de euros no 2017 en actividades turísticas só en España, un segmento ao que a prensa definiu como «O novo filón do turismo», tanto é así que os grandes operadores comezan a facer fichaxes para traballar esto.

Catro persoas no proxecto. María Crespo está acompañada por Guido Álvarez (Product Manager), Berta Ramos (Xefa de Operacións) e Ana Sánchez, responsable de Expansión.

Ampliación. EdD prepara nova plataforma, busca delegados e selecciona produtores locais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

María Crespo: «Ofrecemos unha alternativa sostible que evite a turismofobia»