Ideas cúbicas de Fondevila, na feira de arte de Frankfurt

amelia ferreiroa

DEZA

miguel souto

A festividade de Todos os Santos fai que os camposantos se enchan estos días de flores para honrar aos defuntos

01 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Discovery Art Fair • Frankfurt • Alemaña • Do 2 ao 4 de novembro • O artista silledense José Antonio Fondevila leva á Feira de Arte Discovery de Frankfurt, posicionada como unha plataforma de venda de arte contemporánea accesible para distintas clases sociais, tres obras escultóricas da serie Ideas cúbidas. Unha serie que forma parte «dunha proposta máis ampla e inspirada nos conceptos de espacio e tempo; dous conceptos moi amplos e suxerentes que abarcan dende a nosa realidade material ata os límites da racionalidade filosófica, sin que supoña saber o que é o tempo absoluto nin onde termina o espazo», según explica o autor das obras Espacio atómico, Plano ondulado e Movimiento centrífugo. Por outra parte Fondevila forma parte do libro 100 Comtemporary International Artists, editado pola Biblioteca de Artistas de las Comunidades Europeas, que se presentou recentemente en Dubai.