Marque cede 12 segundos na ascensión á meta de Santa Luzia, pero segue décimo

.

vilagarcía / la voz

O estradense do Sporting/Tavira Álex Marque pagou onte con 12 segundos o seu padecemento na dura criba á que os gregarios do líder da Volta a Portugal no W52-F.C. Porto, Raúl Alarcón, someteron o pelotón no último treito dos 165,5 quilómetros da sétima etapa entre Montalegre e Viana do Castelo. Primeiro para tirar abaixo a aventura de David Rodrigues (Boavista), Bruno Silva (Efapel), Danilo Celano (Caja Rural) e João Matías (Vito-Feirense), cos dous primeiros a 5.11 e a 5.22 do primeiro clasificado. E unha vez absorbidos, para converter nunha pequena tortura os 3,3 quilómetros de subida adoquinada ata o alto de Santa Luzia, de terceira categoría, que poñía punto final á xornada.

O líder do Porto e da Volta pelexou sen éxito a vitoria de etapa, que levou Enrique Sanz (Euskadi-Murias), mentres Marque perdía comba para situarse agora a 4.01 de Alarcón; iso si, conservando o décimo posto. Hoxe, antepenúltima etapa, con 147,6 quilómetros entre Barcelos e Braga e catro altos de 2ª., de 3ª. e de 4ª. categorías.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Marque cede 12 segundos na ascensión á meta de Santa Luzia, pero segue décimo