«No prazo dun mes poderei empezar a apoiar a perna»

o. p. LALÍN / LA V0Z

DEZA

cedida

O balonmanista Óscar Gil recúperase da fractura de peroné e ligamentos do nocello

18 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado día 2, luns, a alegría de Óscar Gil de ter dado o salto do Balonmán Deza ao primeiro equipo veuse truncada por unha grave lesión. É optmista en canto á recuperación, y vese sorprendido polas mostras de cariño que está a recibir.

-¿Como se produciu a rotura de peroné e ligamentos de nocello?

-Estaba empezando o adestramento. Saltei e tocáronme no aire, e caín co nocello dobrado. Xa escoitei o ‘crack’ e vin todo o nocello dobrado.

-¿Un susto importante?

-Claro que me asustei.

-¿Como vai a recuperación?

-Bastante ben. Operáronme o martes pasado ?día 10? no hospital de Conxo. O médico díxome que todo foi ben, aínda que a lesión de ligamento é máis grave do que pensaban antes de abrir. Da recuperación no me comentou nada, só me dixo que pouco a pouco: nun mes poderei empezar a apoiar a perna. No peroné foi unha fractura vertical: puxéronme un tornillo, que máis adiante me quitarán, pero non hai problema. Preocupa máis o ligamento.