Fontao, Dobków, Veselá... a longa viaxe de contos que acabou en autoestima

P. V. LALÍN /LA VOZ

DEZA

cedida

Conclúe o proxecto europeo no que grupos de maiores medraron cos encontros para contar as súas historias

03 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Foíselle das mans. Foron moito máis alá de onde planearán. Sabían da importancia do proxecto pero descubriron que era moito máis, que foi plataforma para que xente que chegou ós sesenta se reubicase no mundo, na vida e mirase cara si, reforzando ou encontrándose coa autoestima.

Ocorreu en Fontao, onde a Asociación Minas da Brea na súa hiperacción enganchouse a un Erasmus + ligado a programas de aprendizaxe permanente. Ocorreu en Dobków, donde outros seis polacos actuaron na mesma dirección. E tamén ocorreu noutra aldea checa, en Veselá. O programa xuntounos nas tres localizacións dende 2015. Todos estiveron en todos los lugares. Todos, despois de facer traballo previo en cada punto de orixe trasladaron ós outros os seu saberes, a súa historia, The story of me, como di o rótulo de todo o que levan andado.

No encontro de Fontao, ademais de minas e ruta das sete fontes conectaron co Entroido de Merza, foron o zoqueiro, picaron en Casa Goris... fixeron talleres e avanzaron en inglés, informática, fotografía, culinaria, formándose con ferramentas que lles eran precisas para aproximarse, entenderse e poder relatar e recoller as historias un dos outros. E, estando desubicados, sentirse como na casa, sempre. Ocorreu o mesmo nos tres países. E foi una regalía sen fin de aprender costumes, xeitos de vida dos outros e vendo as reaccións tamén poñendo en valor os propios.

Pero todo iso, sendo importante, non foi o máis importante. Si imprescindible. De todo quedan películas autofilmadas e fotos e materiais. Pero foi básico para que os participantes, seis por país (con tres coordinadores cada pais), puidesen remover os seus estatus vitais. Saber, e sobretodo tocar para crer, que hai outros mundos, outros espazos, outras oportunidades querendo dar pasos. Eses pasos propiciounos o programo. Aí foíselle a man os promotores de Fontao e os colegas checos e polacos. O proxecto acadou una dimensión que lles obrigou a pechar programa con unha non prevista xunta de evacuación, este mes pasado, e concluíron que en dous anos acadáronse novas parcelas máis cara o persoal que o pedagóxico, e constataron a coincidencia de tódolos participantes en que o proxecto marcou un antes e u despois nas súas vidas, incidiu no empoderamento dos maiores que cargados de saberes, ademais de ter una historia que contar saiban que nunca é tarde para aprender e que a idade non debe ser un impedimento. Viaxaron para contar e escoitar contos e atopáronse coa autoestima.

Tres aldeas de Europa conectadas dende este e outros proxectos por Minas da Brea

Xa hai antecedentes dista conexión europea con outros proxectos. No caso diste que acaban de pechar, o proceso cubre desde setembro de 2015 a agosto de 2017. Ven propiciado por un programa da Comisión Europea no Erasmus + e dinamizárono tres asociacións de tres aldeas implicadas Dobków en Polonia, Veselá na República Checa e Fontao. A Asociación de Veciños Minas da Brea e a que activou a presencia galega de Fontao. Os colectivos miran cara adiante e «desde a tristeza que nos embarga», como señalan desde Fontao, e preparan futuros proxectos para que non sexa un adiós senón un hasta pronto. Ademais a iniciativa queda plasmada documentalmente e pode accederse a ella en enlaces en galego: http://story-gl.webnode.cz/ ou no oficial do programa: https://www.facebook.com/The-story-of-me-1395322607433132/.

«Comprobei que me podía defender, foi unha oportunidade moi grande para mín»

Marciel é veciña de Fontao e una das persoas que participou no proxecto. Na conversa que mantivo con Paula Rivela, coordinadora do equipo Minas da Brea do The story of me amosan resultados que van moito máis alá de cousas importantes como viaxar, coñecer xente ou contar contos, porque apuntan ó medre persoal.

-Foi máxico porque dinme conta que a miña idade podía facer moitas cousas, que estaba aquí despois dunhas operacións que crin que xa non… non servía para nada… e marchei por aí adiante… con moito medo porque tiña medo a estropearlle o viaxe ós compañeiros. E despois comprobei que non era así, que me podía defender. E aí aprendín moito… aprendín a andar co teléfono… a andar co ordenador… pouco, pero bueno, polo menos xa o sei prender -di entre risas-….e bueno, ver outras culturas, poder viaxar en avión… que nunca o houbera feito, poder estar en outros países con outros compañeiros e saber que bueno, que nos podemos levar ben e que nos podemos entender ainda que non falemos o mesmo idioma, e pasalo moi ben porque un aquí nas aldeas non sabes o ben que se pode pasar si non sales, si non tes oportunidades destas, que foi unha oportunidade, moi, moi grande para min

-¿Qué tesouro te levas?

-Pois… sabela capacidade que teño para desenvolverme, para poder andar, para poder saír ós sitios e non sei… compañeiros e estar en compañía doutra xente… non sei que che dicir… son tantas cousas que me levo desto… que non sei por donde empezar…

-Por exemplo...

-Pois… cerca da miña casa hai un mosteiro. Hai que baixar unha calzada romana e eu había vinte anos polo menos que non a baixaba. Tiña unha neta comigo e aquel día quería ir a festa. Púxome un pouco de medo pero collín a neta e alá cheguei, e estiven con ela e volvín e sei que se o teño que volver a facer podo facelo cando queira.