Dous lalinenses, aos Mestre Mateo

Dúas webseries nas que actúan Xoel Fernández e Fran Lareo, nomeadas aos premios que se fallarán o sábado


O Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña será escenario o vindeiro sábado 4 de marzo da entrega dos premios do audiovisual galego. Son os recoñecidos Mestre Mateo 2017, nos que na categoría de mellor serie web están nomeados catro traballos audiovisuais: Dalle Jas, El viaje, Galicia Crime e María pon la webcam; dous deles con participación de actores lalinenses. É pois o caso de «Dalle Jas» que conta con Fran Lareo entre o elenco de actores participantes e «El viaje» no que Xoel Fernández encarna o papel de Martín, un mozo na procura do seu avó.

Unha desaparición

A webserie «El viaje» son dez capítulos de dez minutos de duración, cuxo escenario principal é Estados Unidos, e narra a historia de Martín -papel que encarna o lalinense Xoel Fernández- un mozo orfo que perde tamén a súa avoa e marcha na procura do seu avó que desapareceu misteriosamente sen deixar ningún rastro sobre o seu posible paradeiro. Acompañan ao dezao nesta webserie outros actores como Álvaro Colom, Carlos Godoy, Gema Marín e mesmo conta con algúns cameos nos que participan Nolito, Wyoming ou Mario Vaquerizo. Unha banda sonora coidada que tamén recibiu un puñado de colaboracións chegadas das mans de Iván Ferreiro, Poblo Novoa e Nicolás Pasteriza nun documental que percorre distintas cidades estadounidenses.

No que respecta á webserie «Dalle Jas» é un novo traballo audiovisual de seis capítulos, tamén de dez minutos de duración, na que se aprecian coñecidos escenarios de Vigo. Unha historia, «Dalle Jas», na que se aprecian chiscadelas humorísticas de actualidade. Un proxecto que posúe o selo de Jose Miguel Següillo e de cuxo guion se fixo cargo Marta Lado. Catro traballos audiovisuais novidosos en formato e guions que pugnan por levarse un Mestre Mateo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Dous lalinenses, aos Mestre Mateo