Ansemil-Martixe celebra hoxe a súa Festa dos Callos e foliada

A previsión, segundo os organizadores do evento, é chegar aos 500 comensais

Centos de comensais disfrutarán de callos e música.
Centos de comensais disfrutarán de callos e música.

Os callos e a foliada son nesta xornada os grandes protagonistas da parroquia silledense de Ansemil-Martixe que, dende o mediodía e ata a noitiña, convida á participación nunha gran festa que arrancará sobre a unha do mediodía. Os Sin Son Ghaiteiros, Os Regatos, Os Ke Hai, Aires do Trasdeza, Pandereteiras Lilaila, Xuntanza dos Regatos, Xirandola, Pandereteiras de Siador, Pao de Buxo e Gaiteiros da Pereiriña serán os encargados de poñer a música a unha xornada na que non faltará un xantar no que os grandes protagonistas serán os callos.

A previsión, segundo os organizadores do evento, é chegar aos 500 comensais. «Pensamos que poderá haber un pouco menos de afluencia respecto do ano pasado polo feito de que se celebra o Rali do Cocido e algúns optaron por estaren no evento», subliña Ana María Guzmán. Malia todo a venda de invitacións foi óptima e moitos serán os que caten un menú a base de empanada, callos, postre e café. A maioría dos comensais da parroquia e do municipio. «Este ano penso que non teremos xente de O Grove e de Vigo coma o ano pasado pero se chegase xente de fóra será benvida. Sempre queda algún sitio e haberá espazo e comida suficiente para quen se queira sumar á festa».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Ansemil-Martixe celebra hoxe a súa Festa dos Callos e foliada