O grupo musical Nao de A Estrada rexeita a carta recibida do concelleiro de Cultura

lA voz

O grupo de música estradense Nao, gañador na categoría de metal dos premios Martín Códax da Música en decembro, recibiu fai uns días un correo electrónico do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez Abad, para felicitalos por recibir tal galardón.

Dende a banda quixeron contestar ao conselleiro, pero non seguramente coma este se imaxinaba, «Sr. Conselleiro, dende Nao querémoslle devolver esta carta de mera cortesía. É evidente que non coñece o percorrido da nosa banda, nin que cantamos, nin que pensamos. É evidente tamén que estas cartas prefabricadas carecen completamente de sentido a estas alturas da súa carreira política. Só denotan a súa falsidade e falta total de ética» é como comeza o escrito dos estradenses.

Nesta misiva, asinada polo cantante Pablo Carracedo -coñecido coma Jasper- tamén se fai referencia á situación actual da educación, «coma mestre que son levo padecendo a súa mediocridade como conselleiro máis de cinco anos. Vin como foi quen de menosprezar constantemente a nosa labor docente e facer os maiores recortes en educación que vivín en toda a miña carreira» indica Carracedo.

Ademáis no escrito tamén critícase as «políticas de despilfarro no privado e recorte no público» ou que «teño prohibido darlles as aulas de matemáticas en galego ao meu alumnado». Para rematar cítase unha canción do propio grupo Nao titulada Pedagaxía do opresor, que -din dende o grupo- «explica o que pensamos da súa política».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
7 votos

O grupo musical Nao de A Estrada rexeita a carta recibida do concelleiro de Cultura