«Traballo para que o usuario sexa máis autónomo e independente»

Dirixe actividades básicas e instrumentais da vida diaria, laboral e social


lalín / la voz

Deixou a súa vila natal de Muxía para instalarse en A Estrada e comezar a traballar no Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de Cogami, en Medelo (Silleda). Vanesa Lado Barrientos é terapeuta ocupacional e leva prestando os seus servizos no centro silledense dende decembro do ano 2013, despois de exercer tamén como terapeuta na Asociación Pro-persoas Con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga).

-¿Cales son as funcións dunha terapeuta ocupacional?

-É unha disciplina sociosanitaria que evalúa a capacidade da persoa para levar a cabo as actividades da vida diaria e intervén cando dita capacidade está en risco ou está danada por calquera cousa. A miña labor como terapeuta se desenvolve a través de varias fases, as cales, me permiten coñecer individualmente a cada individuo, extraer un diagnóstico ocupacional, propoñer a intervención pertinente seguindo os obxectivos marcados a curto e longo prazo. Finalmente se comproban os resultados obtidos e se traballa sempre a actividades con propósito e o entorno para conseguir xunto co usuario a consecuación dun maior grao de integración, autonomía e independencia funcional a todos os niveis ocupacionais; actividades básicas e instrumentais da vida diaria, laboral, social, educativo, participación social, ocio e tempo libre pero sempre baixo pautas de ensino e de adestramento a través de actividades significativas.

-¿A intervención é entón individualizada?

-Así é. Basándome nos resultados do proceso de evaluación e nos de diagnóstico ocupacional plantéxase un plan de intervención con cada usuario para posteriormente intervir na área que necesite ou que estimemos sexa a oportuna. En función dos datos obtidos na evaluación e nos do diagnóstico ocupacional se prantexa un plan de intervención que sexa o máis axeitado posible para cada un dos usuarios que están no centro.

-¿Cales son os obxectivos que se prantexa?

-O que busco é que o usuario sexa máis autónomo e independente. Pretendo conseguir unha maior autonomía nas actividades básicas da vida diaria e manter unha rutina que favoreza o seu sentido da eficacia.

-¿Que se entende por actividades básicas da vida diaria?

-Engloban actividades de independencia persoal tales como a hixiene e o aseo persoal, a limpeza e mantemento das dependencias da casa, prevención de accidentes no fogar, a compra, conservación de alimentos, hábitos precisos para comer e beber independentemente... en definitiva é preparar aos usuarios para vivir da forma máis independente posible, ben sexa coa súa familia ou ben noutros contextos. Por outra banda tamén tento frear posibles deterioros causados pola idade e nalgúns casos pola inactividade polo que se fai preciso incidir en aspectos cognitivos como a memoria, orientación témporo-espacial ou expresións de necesidades.

-¿Coordina o seu amplo programa de traballo con outros profesionais do centro?

-Para acadar un correcto desempeño ocupacional é importante contar coa colaboración de compañeiros profesionais, como é o caso do fisioterapeuta e o psicólogo, e con eles se traballan as funcións cognitivas máis complexas, potenciamos as básicas e o mantemento físico integral e se potencian entre os usuarios as funcións físico-motoras residuais. Salientar que para realizar unha evaluación completa do usuario se fai en colaboración co equipo interdisciplinar do centro.

vanesa lado barrientos terapeuta ocupacional

«Tento frear posibles deterioros causados pola idade ou a inactividade»

«Realizar unha evaluación completa é tarefa dun equipo interdisciplinar»

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Traballo para que o usuario sexa máis autónomo e independente»