«Promoveranse rodas contra a violencia o 21 de outono»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

DEZA

O lalinense impartirá charlas informativas en Monterroso, Betanzos e Lalín, convidado por distintos colectivos galegos

30 sep 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Homes Galegos pola Igualdade, que continúa desenvolvendo actividades ao longo da xeografía, está barallando a posibilidade de concentrarse no vindeiro mes para rexeitar a violencia. Ao fronte do colectivo galego, que aglutina a un grupo de homes que recoñece a responsabilidade masculina no mantemento da subordinación social das mulleres, está o lalinense Celso Taboada que será relator en varias charlas informativas. A primeira está fixada para este venres no salón de actos do Centro Sociocultural do Concello de Monterroso e englóbase dentro da Campaña do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que organiza o concello lucense.

-«No amor non te cegues. Usa as gafas malvas» é o título da charla informativa deste venres en Monterroso, ¿como enfocará a disertación?

-O título da charla informativa o puxeron as organizadoras do acto, que é o Partido Popular de Lugo, e está ben. Centrarei a miña intervención nos mitos do amor romántico, a creación idílica de determinadas parellas e os conflitos que poden xurdir de todo iso. Conflitos que mesmo poden desencadenar en situacións moi complicadas, traumáticas e violentas.

-¿Impartirá algunha conferencia máis nos vindeiros días?

-Algunhas máis están xa pechadas e para esta mesma semán. Despois da de Monterroso deste venres, ao día seguinte estarei estarei en Betanzos, convidado por un colectivo que se chama Executivas de Galicia. Trátase dunha unha entidade multidisciplinar de mulleres que traballa no ámbito executivo galego privado e público en diferentes sectores do mundo empresarial de Galicia. É unha entidade que pretende dar maior visibilidade á figura da muller galega e loita pola igualdade de oportunidades na esfera social, política, empresarial e executiva e alí estarei con elas. Logo o domingo tamén me pediron que dea unha charla pero será xa na casa, en Lalín. A empresa Eduvía parece que está a desenvolver un curso e me pediron dende a firma que lle ofreza un pequeno relatorio aos alumnos que toman parte en dita actividade formativa.

-¿Homes Galegos pola Igualdade fará «Roda de Homes» ao igual que noutros puntos do país?

-As coñecidas como «Roda de Homes» é unha campaña que se organiza todos os 21 de outono e se promoven en todo o país. Dende a Asociación de Homes Galegos pola Igualdade, estamos a barallar a posibilidade de facer un acto desa índole pero non está pechado. Estudaremos o tema cos compañeiros do colectivo e valorarémolo.

-¿Cal é a finalidade desa campaña?

-A Asociación de Hombres por la Igualdad de Género (Ahige) é quen organiza dita campaña coa que se manifesta o rexeitamento á violencia machista e se lle amosa á sociedade o traballo que moitos homes desenvolven cada día nese ámbito.

celso taboada presidente de homes galegos pola igualdade