Que cada quen aguante o seu no estado da igrexa de Santa Baia de Palio

Xosé A. García

DEZA

12 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

La Voz de Galicia de data 5 de xuño de 2014 e 8 do mesmo mes publicaba na primeira data

que o delegado do bispado de Lugo para a conservación, difusión e protección do Patrimonio Histórico promete abordar na comisión mixta de xullo, o tema do abandono en que se atopa actualmente a igrexa de Santa Baia, hoxe anexa a Cercio (Lalín). Das suas manifestacións, despréndese que admite responsabilidade, primeiro, por parte do Bispado (responsabilidade que quere aminorar ca boa disposición actual) e, segundo, do sacerdote, que naquel momento dirixía a parroquia de Cercio, Juan Bautista Alonso Castro, e o seu sucesor, desde o 2004, José Antonio García Otero, cura actual.

Na segunda data dicía La Voz que a igrexa ingresaba, na lista de monumentos en perigo (eu diría xa irrecuperables) porque non se atenderon as voces de alarma para este monumento con protección (todas as igrexas, e o seu entorno, están teóricamente protexidos po-la lei).

Eu sosteño que tanto a Igrexa Diocésana como os cregos e veciños estamos exentos de responsabilidade, como máis adiante aclararei.

Fundamentos de dereito

Como fundamentos de dereito apunto a Constitución de 1978, artigo 149: «O Estado ten competencia exclusiva sobre as seguintes materias...» e no nº 28 inclúe a defensa do Patrimonio; Estatuto de Autonomía de Galicia, 1/1981, no seu artigo 27: «No marco do estatuto corresponde a Comunidade a exclusiva competencia no patrimonio histórico de interese para a comunidade». A partir do 28 de abril de 1981, a Xunta é competente nesta materia.

O 17/04/1985 a Xunta representada po-lo seu presidente, Xerardo Fernández Albor, e os bispos de Galicia, representados por Rouco Varela, firman un convenoi marco de colaboración para estos asuntos. Así se chegou, a «Lei de Patrimonio Histórico», de 8/1995 de 30 de outubro, que obriga os titulares de dereitos reales, sobre estos béns: o deber de conservalos? por outra banda, os artigos 37 e 38 obrigan a que calquera intervención sexa autorizada pola Consellería de Cultura, incorporando informe elaborado por un técnico, proxecto técnico, avaliación, etc. De forma que non se podería cambiar unha tella rota, que produce unha goteira e termina tirando un edificio.

Obrigas e tempos

Tales obrigas, presupoñen gastos e tempo que se perden, e eu pregunto, como xa preguntei ao subdirector xeral de Patrimonio en escrito, que lle dirixía, con data de 25/11/2003. Preguntaba: Cousas tan accesorias como un cristal, unha tella, unha porta, que se estropean, debían ser competencias dos titulares, porque «nadie sigue o cabalo, como o dono».

Interpretar a lei de forma tan restrictiva, anulando as competencias dos titulares ¿non significará olvidarnos do sentido común, para terminar acadando unhos resultados totalmente contrarios ó que era a finalidade da lei?. Isto é: a conservación do patrimonio.

Comisión mixta devaluada

Por outra parte, as funcións da comisión mixta, creada, por esta lei, parécenme devaluadas, e en todo caso, con funcións fiscalizadoras é sancionatorias inducen os titulares a eludir implicarse. Dudo da constitucionalidade de esta lei, que con estos preceptos, na práctica, modifica a Constitución,conculcando a propiedade privada. Tamén me parece un caso claro de fraude de lei.

Respecto a las responsabilidades: 1º Os veciños; non me valen as excusas que aducen porque, reparar o tellado, son poucos metros, e non sería necesario dispoñer de moitos recursos. Acepto as trabas de patrimonio.

2º O Concello; puxo boa vontade, xa que en 1995, propuso arranxar o tellado ca escola taller pero non llo permitiron. A partir de ahí, é responsable polo sombreiro que lle puxeron, no que gastaron máis co que necesitaban para o arranxo. Se non lle puxeran ese pintoresco para-augas, que non paraba nada, Patrimonio tería que implicarse. Ten a atenuante de que Patrimonio non soupo aproveitar o traballo da escola taller.

3º Os cregos; como nos vimos ponteados por os políticos, o mellor no meter as mans? Inocentes.

4º Delegado de Patrimonio e Bispado; ignoro , si esta «urxencia» pasou po- la comisión mixta, e pola actitude, do delegado, nese momento, supoño que foi «ponteado».

5º Patrimonio; tiña información do asunto, no seu momento, próbase polo esperpéntico sombreiro que puxo, ou deixou poñer... Culpable.

O deterioro

Cultura sabía de todo isto, o que queda claro cando o Concello de Lalín pideu permiso para cubrir a igrexa; o que demostra que a advertencia que en 2003 lle facía ó subdirector xeral de Patrimonio é atinada. Interpretar a lei de forma tan restrictiva, leva a unha finalidade totalmente contraria a que a lei pretende, isto é conservar e protexer o patrimonio; en vez de eso experimentamos o deterioro.

E que cada quen aguante o seu! Non enmascaremos as responsabilidades no anonimato dos posibles culpables.