Lalín celebra con actividade diversa o Maio das Letras

A programación inclúe de pintura a monólogos R con Touriñán e Federico Pérez, teatro, cine e contacontos


Lalín

A concelleira de Cultura de Lalín, Marisa Álvarez, presentou esta mañá a programación do Maio das Letras, que inclúe actividade diversa en distintas expresións culturais. A pintura será a primeira en entrar en escea, coa exposición de Gloria Alonso A vida que importa dende o venres ao vindeiro día 30, no museo Ramón Aller. O turno para os cativos chegará o venres día 9 no auditorio municipal, coa inauguración da exposición do X Premio de Pintura Escolar Mestre Laxeiro: será ás 19 horas, con entrega de premios trinta minutos despois.

Tamén o día 9, ás 21.30 horas no Salón Teatro, desenvolveranse os monólogos R, coa participación de Xosé Antonio Touriñán e Federico Pérez, actores que comparten na TVG na actualidade o espazo de humor Era visto. Patrocinado por R, será preciso recoller as invitacións na tenda R de Lalín, na avenida González Taboada, 46 ?886 21 77 72?.

Pola súa banda, a biblioteca Varela Jácome acolle o venres día 16 a visita de nenos da gardería do polígono, así como ás 13 horas a entrega de premios do concurso de marcapáxinas. Haberá todo o día lectura en voz alta da obra de Xosé María Díaz Castro, a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas, e de quen a biblioteca exporá toda o mes a súa vida e obra. Además, os usuarios por cada préstamo poderán desfollar a Margarita das Letras, e obter premio.

Na mesma xornada do venres 16, ás 21.30 horas no Salón Teatro, Malasombra Producións porá en escea Misión Sapiens (Operación Comedia), interpretada por Xoque Carbajal, Jouse García, Luis Iglesia, Marcos Orsi e Xabier Deive. As entradas custarán 5 euros, e 3 para estudantes.

Xa o sábado 17 de maio, ás 20 horas no museo Ramón Aller, será o turno para Cantar e contar, un espectáculo que conta coa participación de Celso Fernández Sanmartín e María da Pontragha, con entrada de balde ata completar aforo.

Tamén no museo, o venres 23 ás 20.30 horas proxéctase a coñecida longametraxe O Apóstolo, tamén con entrada gratuita.

O venres día 30 o Salón Teatro será escenario ás 21.30 horas da obra Amor flexive, de Redrum Producciones. Con dirección de Álex Sampayo, os protagonistas son Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa. Entradas a 5 xeral, e estudantes 3 euros.

Finalmente, o sábado 31 ás 20 horas inaugurarase a mostra Cartografía da pedra, de Javier Iván Hita. Estará entre as avenidas Xosé Cuíña e Habana ata o mes de setembro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Lalín celebra con actividade diversa o Maio das Letras