Primeiros acordes da Charanga do Camballón

Ten unha vintena de membros e prevé actuar fóra da aula


Onte era día de celebración no instituto Marco do Camballón de Vila de Cruces: a Festa da Lingua de Outono. Unha data que serviu tamén para o debut da Charanga do Camballón. Unha formación que se creou este curso impulsada dende o Club da Lingua e que xa conta con cerca dunha vintena de integrantes e máis que xa mostraron o seu interese por sumarse a esta iniciativa.

Esta charanga confórmana alumnos e profesores do instituto cruceño e aproveita tamén a gran tradición de músicos que hai en Vila de Cruces. Onte debutaron no propio centro. No seu repertorio inclúense cancións tradicionais como «A saia da Carolina» ou outras máis actuais, como «Isto é Tráfico». O obxectivo é favorecer o coñecemento da música popular tradicional, modernizar os referentes da música popular galega e da lusofonía. Así, forma parte tamén do proceso de normalización lingüística, tamén asociando a dimensión máis lúdica.

Esta charanga que impulsaron neste curso non quere quedarse só dentro das aulas do Marco do Camballón. Quere ir máis aló e actuar fóra. Así, entre as previsións, está facer algunha saída coincidindo con algunha feira en Cruces, entre outras.

A Festa da Lingua, ademais de servir de escenario para a presentación da Charanga do Camballón, acolleu máis actividades lúdicas a partir do mediodía deste venres.

Aturuxos e pulsos

Así, celebrouse o primeiro Campionato de Aturuxos. Neste impúxose con claridade María Seijo, de primeiro de ESO. Pola súa banda, tamén se disputou un campionato de pulsos. A gañadora foi outra rapaza, Carina Puga, de 3º de ESO, que foi capaz de dobregar a outros rapaces e incluso a profesores que mediron as súas forzas con ela na loita por ser a máis forte nesta competición.

Esta xornada lúdica estivo moi animada e tamén tiveron protagonismo outras actividades como fútbol ou voleibol.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Primeiros acordes da Charanga do Camballón