Un busto de Lareo, para Neira, na Forxa Literaria

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

DEZA

Damián Payo, Carmen Lareo e Armindo Salgueiro, na presentación da Forxa Literaria, no museo.
Damián Payo, Carmen Lareo e Armindo Salgueiro, na presentación da Forxa Literaria, no museo. r.r< / span>

A fundación de Piloño homenaxeará ao escritor cruceño nos encontros que se celebrarán os días 12 e 13 de xullo

06 jul 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A úndécima edición da Forxa Literaria-Encontros Culturais no Rural ten data de celebración, a vindeira fin de semán, e así o deron a coñecer os patronos de A Solaina, Damián Payo e Armindo Salgueiro, coa presidenta Carmen Lareo ao fronte quen remarcou que se oficializou o nome da fundación como Paco Lareo-A Solaina de Piloño.

Unha forxa na que se tributará homenaxe ao escritor cruceño Xosé Neira Vilas e que comezará ás 18 horas do venres cunha benvida da presidenta e autoridades para dar paso á inauguración de dúas exposicións; unha de Ángel Utrera que se abrirá ao público baixo o título de «Invisibles como nós» e as «Rosas brancas entre dúas lúas» de Dolores Tranché. De seguido dará comezo unha mesa redonda na que intervirán o propio Neira Vilas xunto a Alonso Montero, Valentín García, Cándido Pazó, Xosé Luna, Rosario Golmar e Xosé Luis Reimóndez. A primeira xornada da forxa proseguirá co descubrimento dun bronce coa figura de Neira Vilas, autoría de Paco Lareo, que deixou feito en vida para esta homenaxe. Interpretaranse as Muiñeiras de Neira Vilas e de A Solaina, haberá poesía de Rosalía Morlán e Loli Veloso e concertos de Mini e Mero, Manoele de Felisa, Xosé María Varela xunto á actriz Tamara Lema e Alba Costa; para rematar cun ágape agasallo de Siro. O sábado, á mesma hora, abrirase a forxa cun recital músico poético con intervencións de Alba Payo, Andrea Porto, Carlos Negro, Celso Fernández, Cristina Gende, Iria Pedreira, Lucía Aldao e María Lado. O grupo de clarinetes de Lalín, os Hadhietxekos, porán as notas músicais a un día no que se lle fará entrega da medalla de Amigos de A Solaina a José Luis Ferreiro e Ana Fernández Carlín. Haberá un ágape para pechar os encontros.