Camilo Franco falou sobre Vidal Bolaño na Estrada

m. garabantes

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

21 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

1Camilo Franco, xornalista de La Voz, escritor e crítico teatral, falou onte aos alumnos do IES nº 1 da Estrada sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño. En primeiro lugar, abordou o significado para o dramaturgo tivo colocarse o nariz do paiaso co que todos eles estaban ataviados onte, para poderlles falar aos poderosos sendo un mesmo, e ao tempo, sen selo por completo. Camilo Franco, autor da antoloxía sobre Vidal Bolaño que se distribueu con La Voz de Galicia, suliñou a tarefa do compostelán para artellar o paso do teatro afeccionado cara unha profesionalización en Galicia, cando foi transformando as ceas coas que os colectivos que organizaban representacións agasallaban aos actores en remuneracións polo seu traballo sobre os escearios. O xornalista falou tamén da evolución do teatro de Vidal Bolaño, en paralelo ao cambio da sociedade galega dende un imaxinario rural a outro máis urbano, entre os anos 1978 e 1984.

Charla de ex deputados no mesmo IES

2Pero non foi a única charla de onte no IES nº 1. Tamén disertaron sobre o funcionamento do Parlamento de Galicia os ex deputados Celso Currás, do PP; Luis Tojo, do PSOE; e Xesús Veiga Buxán, do BNG. Explicaron dende a composición da cámara autonómica aos órganos que a compoñen e o seu regulamento. Unha actividade do Parlamento de Galicia, en colaboración coa Asociación de ex parlamentarios.

A Anpa do colexio Lourdes, en Madrid

3O pasado venres, un grupo de 60 pais e alumnos do colexio estradense de Lourdes viaxaron ata Madrid, nunha excursión organizada pola Anpa do centro. Foron ata cinco rapacese menores de 3 anos, e os demais dende infantil a primaria. Despois da chegada a media tarde, o sábado adicaron a xornada a visitar o parque Warner, podendo disfrutar das atraccións e múltiples espectáculos. Para a xornada do domingo, prepararon unha visita ao Zoo de Madrid, e despois do xantar, comenzaron o regreso á casa, chegando á Estrada ás 23 horas. Dende a Anpa agradeceron aos asistentes a súa participación, puntualidade e colaboración, suliñando o bo comportamento de todos os rapaces, que aguantaron as horas de bus, pese á curta idade de moitos deles.

Excursión dos maiores de Silleda a Benidorm

4O clube do Centro Social dos Maiores de Silleda organizou unha excursión a Benidorm, que partiu onte pola mañá. Na expedición participan un total de 35 persoas e na primeira xornada desfrutaron visitando a localidad madrileña de Aranjuez. Entre outros moitos recunchos dos que puideron disfrutar, os xardíns e o Palacio Real. Hoxe partirán cara Benidorm, onde permanecerán ata o vindeiro domingo, xornada en que emprenderán regreso.