Retrouso presenta o seu disco OU nun concerto no Principal

O traballo inclúe temas populares e composicións propias


a estrada / la voz

O teatro Principal da Estrada acollerá este venres ás 21.00 horas o concerto de presentación de OU, o primeiro traballo discográfico do grupo de gaitas Retrouso. A actuación será ás 21.00 horas, con entrada de balde, aínda que os asistentes deberán retirar os seus tickets na billetería do Principal para controlar o aforo. Poderán facelo desde unha hora antes do concerto. Tamén será posible conquerir as localidadades de xeito anticipado na taberna de Ouzande ou contactando co propio grupo a través do teléfono 628 113 305.

O concerto fará un repaso dos doce temas do disco e incluirá outros a maiores. OU foi grabado na Semana Santa pasada. No verán puxéronse á venda cincocentas copias que na Estrada se poden mercar na taberna de Ouzande, nas librarías Marxe e Alberte Quiñoi ou a través das redes sociais. O disco combina temas populares -coma o Alalá das mariñas- con algún de composición propia, coma Alborada e o vals Bágoas, creados polo mestre de gaita do grupo, Marcos Varela.

Retrouso naceu da man da asociación cultural A Fervenza de Ouzande, nas clases de gaita impartidas desde o 2003. Desas sesións formativas saiu no 2005 un cuarteto que foi medrando ata converterse no Retrouso que é hoxe, con doce integrantes de todas as idades, maioritariamente de Ouzande e da Estrada. En esencia, é un grupo de gaitas, con acompañamento de tambor, bombo e acordeón ás veces. No disco, a agrupación contou ademais con colaboracións de un tamborileiro, un saxo e dúas voces.

Acompañamento vocal

Miriam Bodelo -voz do grupo Os Xeitosos de Trazo- e Darío -un rapaz de Vedra de 11 anos que no disco pon voz a un arrolo de berce- participarán tamén no concerto deste venres acompañando ós compoñentes de Retrouso.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Retrouso presenta o seu disco OU nun concerto no Principal