«Dirixímonos aos cidadáns galegos, aos nacionalistas, hai moita base fóra do BNG»

Montse garcía lalín / la voz

DEZA

24 mar 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Osilledense Xerardo Díaz Casal foi elexido secretario comarcal de Máis Galiza nunha asamblea con preto de corenta militantes. Este estudiante da licenciatura de administración e dirección de empresas de 21 anos e veciño de A Bandeira explica que afronta o reto con «moita ilusión».

-Unha vez constituida a executiva, ¿cales son os vindeiros pasos?

-O primeiro é reforzar a estructura organizativa, mirar as forzas que temos en cada concello e tratar de chamar a todos os simpatizantes que temos para afilialos e sentar unha organización forte e estructurada, que é o importante para que calquera proxecto saia adiante.

-Nesta búsqueda de simpatizantes, ¿a súa base social como formación nacionalista está no ámbito no que xa se move o Bloque ou abreno máis alá?

-O problema é que hai xente nacionalista que non estaba nin pertencía a base social polos problemas que tiña o BNG. Nós dirixímonos ao conxunto dos cidadáns galegos, porque entendemos que o programa é asumible por toda a cidadanía e, en especial, aos nacionalistas porque cremos tamén hai moita base que está fóra do BNG e demostrano os resultados electorais.

-Nesta búsqueda de base, próximas eleccións serán as autonómicas...

-Si, temos ese horizonte e iso marca todo o proceso. Xa o temos en mente, non sabemos como nos imos presentar aínda nin con quen, porque estamos chamados a chegar a acordos con outra xente que entenda o país coma nós, pero si temos intención de presentarnos.

-Vostedes sairon do BNG e agora ¿como trasladarán a cidadanía a mensaxe para diferenciarse agora desa organización?

-Demostrarase na práctica diaria e no discurso. O Bloque, tradicionalmente, dixo dirixirse ao conxunto da cidadanía pero non o practicou, tampouco. Moitas veces reúnese só coas organizacións que están da man, con colectivos que son coñecidos e hai que falar con toda a cidadanía ou con toda a sociedade se verdaderamente nos diriximos a toda a sociedade. Xa é un cambio sustancial, nós falamos con toda a sociedade galega.

-¿Fixaron xa actividades?

-Si, xa está fixada unha en Cuntis, probablemente o 31, pero no Deza aínda non concretamos.

-¿Cantas afiliados teñen?

-Entrei onte (polo xoves) e é difícil sabelo, pero debe haber xa 50-55 e hai máis altas de persoas que non estaban no BNG, o que demostra que hai ese terreo que cultivar.

-En Máis Galiza, na súa dirección comarcal teñen varios concelleiros que foran elixidos polo BNG pero que seguen con acta. ¿Será a forma de visualizar +G?

-Xa están en non adscritos, de feito déronse de baixa no BNG o martes, e abandoaron o grupo municipal. Non son do BNG e as actas pertencenlle a todos os efectos as persoas e seguirán traballando no ámbito municipal desenvolvendo as políticas de Máis Galiza. A organización municipal é vital.

-¿Que supón para vostede saír elexido secretario comarcal?

-Asúmoo con ilusión, aínda que sei que é un reto importante pola miña idade, ademáis é unha comarca grande. Pero cando hai ilusión e ganas, e un proxecto novo que ilusiona..., asumoo con total dispoñibilidade e agira intentar sacar adiante este proxecto, porque creo que vale moito a pena. Propuxéronmo na asamblea, valorei os pros e os contras, e aceptei. Tamén é un xeito de visibilizar a zona do Deza na propia executiva.