«Coa incineradora corremos moitos riscos a cambio de nada»

La Voz

DEZA

18 mar 2012 . Actualizado a las 07:02 h.

Andión foi cofundador da asociación naturalista Anida en 1992 e foi premio Voces del Año na área medioambiental en 1998.

-Tiña carácter ambientalista, un grupo estupendo de persoas de Silleda que deixou pegadas con axuda da demais xente... aquel proxecto que pretendía facer o Concello de Silleda de balsas de puríns nas Brañas de Xestoso neutralizouse e conseguiuse que hoxe sexan Rede Natura. Foi un dos éxitos maiores co apoio dos veciños de Xestoso, Fraiz e Olives e co Concello en contra con unha iniciativa boa para os puríns pero nunca no nacemento do río Toxa.

-¿E a loita contra o trial?

-Opuxerámonos contundentemente á celebración do campionato do mundo na catarata do Toxa. Coma no purín, non estabamos contra as motos senón de facer una actividade con impacto ambiental importante no nosa xoia da coroa, no emblema de Silleda, polas motos e pola xente que acudía.

-A historia sempre volve, en 1995 recórdoo manifestándose contra a incineración en Cerceda e fai uns días falaba en Silleda contra a prevista no Irixo...

-Na xornada de Silleda deixei o meu punto de vista contra a incineración, creo que non é necesaria a incineradora en ningún sitio reciclando máis pero ademais desde o punto de vista da defensa do sector agrogandeiro paréceme moi arriscado e tamén para o turismo no Deza aceptar así ás boas que se monte unha incineradora tan preto de nós. É correr demasiados riscos a cambio de nada.

-Ser naturalista e industrial ¿non lle trouxera problemas?

-Si, presidía Anida e traballaba en Hoxe, que tivera unha traxectoria bastante mala en residuos (aínda que eran outros tempos) e parecía que era contraditorio. Botáronmo en cara unha charla de cazadores e pescadores. Díxenlles que ía intentar que a empresa cumprira as normas ambientales e niso sigo hoxe.

-Chegou á xerencia e deulle un cambio radical medioambiental.

-A traxectoria cambiou moito pero é certo que ese pouso do antigo nos trouxo problemas, parece que queda aí a memoria negativa ambiental da empresa. Cambiou moitísimo e espero que aínda o faga máis nesa liña de cumprimento da normativa.