O Balonmán Deza inicia con empate a loita pola permanencia

lalín / la voz

DEZA

18 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

A primeira xornada da fase pola permanencia saldouse cun empate para o Balonmán Deza. O cadro lalinense firmou táboas a 26 na súa visita ao Conxo tras ir por diante durante todo o encontro. Os dezanos chegaron a gozar de diferenzas de ata oito goles, pero un baixón de rendemento na segunda metade pasoulles demasiada factura.

Na primeira parte o equipo lalinense saíu moi forte e exhibiu unha defensa moi sólida que lle permitiu irse ao descanso 10-15. Trala reanudación atascouse no seu xogo e permitiu ao rival ir recortando distancias pouco a pouco. A lesión de Patxi, que rompeu un cóbado, rematou de desconcentrar ao equipo, que tivo que ver como encaixaba o tanto do empate de falta directa co tempo cumprido.

A pesar de deixar escapar unha vitoria que parecía segura, no BM Deza valoraron positivamente o encontro e tamén o resultado, lembrando que o Conxo é un rival competitivo e que xogaban na súa pista. Esta fin de semana o BM Deza ten xornada dobre.

Base do Balonmán Lalín

En canto á base do BM Lalín, os xuvenís venceron 21-27 ao Novás e os cadetes de Honra arrasaron 35-51 ao Ártabro. As sénior iniciaron a segunda fase da Liga acadando a súa primeira vitoria ao impoñerse 21-25 ao Narón. As cadetes perderon 13-27 ante o Guardés, o rival ante o que as infantís tamén sucumbiron 17-21.

Cacheda gaña en Portugal

A selección española júnior, co lalinense Pablo Cacheda, proclamouse gañadora do torneo IV nacións en Portugal.

Manu, Castro, Pousa (1), Julio (2), Diego (9), Javier, Dani (2), Iago (2), Fernando (4), Alfonso (2), Miguel (3), Isma (1), Marc, Nico

Iván, Abel, Miguel (5), Nico (6), Lorenzo (5), Jonathan, David, Rubén (4), Alberto (1), Iago, Daniel (5), Jesús