Carta do restaurante Casa Sánchez ao Partido Popular de Rodeiro


Restaurante Casa Sánchez leva a traballar máis de trinta anos na vila de Rodeiro, concretamente dende 1978, primeiro baixo a dirección de nosos avós Xosé e Georgina, despois con noso pai Rubén Sánchez e máis recentemente nós e nosa nai Isabel. Tres persoas que dende hai un ano e medio estamos a traballar para sacar adiante, con moito custo e esforzo, esta empresa.

Casa Sánchez caracterizouse sempre por ofertar e atender a mellor gastronomía posible e servindo o mellor posible a todas as persoas que confiaron en nós, sexan políticos ou non, un exemplo desto e que no noso restaurante fixéronse comidas con todos os alcaldes de Rodeiro: Manuel Lamazares, Eliseo Diéguez, Manuel Salgado e agora con Xosé Vence, e máis, destacados dirixentes do PP coma Manuel Fraga, Xosé María Aznar, Xosé Cuíña ou máis recentemente Alberte Núñez Feijoo (quen tivo un mitin) foron atendidos en Casa Sánchez, así como os lideres populares da comarca do Deza, estes señores tamén elixiron comer en Casa Sánchez, e podémoslle garantir, sen ningún tipo de suborno nin de influencia política, senón porque elixiron libremente comer na nosa casa.

Recentemente a labor que levamos desempeñando dende hai trinta anos viuse recompensada, outorgándosenos a «Q» de calidade por parte da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, acto que terá lugar o luns 20 e o que asistirá o conselleiro de Cultura.

Queremos decirlle tamén, que mentiras e saídas de tono como esta, non benefician en nada o Concello de Rodeiro, nin as súas empresas, nin a súa hostalería.

Deberían vostedes axudar os negocios de Rodeiro nesta época de crise, non tirar pedras contra os seus tellados.

Por todo isto, a dirección de Restaurante Casa Sánchez pídelle que dea desculpas públicas polo seu comportamento.

Segue a firma de responsables do restaurante Casa Sánchez de Rodeiro

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
12 votos

Carta do restaurante Casa Sánchez ao Partido Popular de Rodeiro