Rafael Cuíña falará sobre o galeguismo no século XXI o vindeiro martes na Coruña

La Voz LALÍN/LA VOZ.

DEZA

28 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O empresario lalinense Rafael Cuíña Aparicio impartirá unha conferencia o vindeiro martes, 1 de xuño, na Coruña, co título «O galeguismo na encrucillada do século XXI». O acto comezará ás 20 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande, e está organizado pola Asociación Cultural O Facho, no seu ciclo Lingua, literatura e nación , que contou nesta mesma semana coa participación do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín. A presentación de Rafael Cuíña correrá a cargo do ex deputado e senador socialista Xosé Luis Rodríguez Pardo.