-¿Podemos falar entón de que a crise pasa de longo no autonómico?
-Eu estou moi sorprendido. A inscrición para o Rali da Ulloa é de 108 pilotos; parece que hai máis coches ca nunca, e ademais é unha inscrición de súper luxo.
-A paixón polo motor semella intacta nos seareiros galegos.
-Semella que hai máis afición ca nunca, tanto en seguidores como en participantes, e iso fai o campionato máis aberto ca nunca. O automobilismo calquera diría que é alleo ao que pasa no mundo.