Iniciativas mantidas
Como representante da editorial Galaxia, que leva dez anos editando as novelas premiadas, Freixanes loubou a perseverancia do Concello estradense. «O difícil non é crear as iniciativas, é mantelas cando todo o mundo as da por feitas», indicou.
O relevo na palabra tomoullo o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que destacou a literatura como unha importante canle para levar a cabo a promoción do uso do galego. Lorenzo considerou a literatura como «unha ferramenta valiosa para conseguir que o idioma propio de Galicia chegue a todos os galegos e as galegas» e destacou o certame estradense como exemplo de impulso á lingua e de alento «a persoas con vontade de contar historias e de fomentar a reflexión a través do galego».