A Estrada despide hoxe a Xosé Porto Matalobos, galeguista, académico e cronista radiofónico


A Estrada daralle hoxe o derradeiro adeus a Xosé Porto Matalobos, que finou a noite do martes ós 81 anos de idade. O sete de xuño tería cumplido 82. Xosé Porto nacera no ano 1927 nunha casa da rúa Fernando Conde. O seu pai xa era un home apegado á cultura. Fora concelleiro na época da República. O fillo colleu polo mesmo camiño. Foi galeguista convencido, dos da segunda fornada. Daquela non había carnés de militante, pero Xosé Porto foi, máis ca un simpatizante, un activista empeñado en facer patria. Loitou polo traslado a Galiza dos restos de Castelao e foi membro da Real Academia Galega na época de Domingo García Sabell. Foi tamén vocal do Pedrón de Ouro o ano en que foi premiado Álvaro Cunqueiro e membro da Asociación de escritores en lingua galega. Non tiña obra publicada, pero foi autor da letra de moitos himnos, como é o caso do de Moreira.

Xosé Porto exerceu tamén durante moitos anos de xornalista. Tivo un programa na televisión sobre música. Gran aficionado ás bandas de música, chegou a ser un referente na investigación sobre as formacións bandísticas galegas.

No mundo radiofónico, Xosé Porto destacou por ser un dos fundadores de Radio Estrada, que acaba de cumprir medio século de vida. Ademáis, traballou durante anos de corresponsal da cadea Ser na zona da Estrada, exercendo a profesión baixo os pseudónimos de Pedro da Laxe e Pepe da Rocha .

A súa capela ardente está instalada no tanatorio da Avenida de América. O funeral será hoxe, ás 18.30 horas, na igrexa parroquial de San Paio de A Estrada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos

A Estrada despide hoxe a Xosé Porto Matalobos, galeguista, académico e cronista radiofónico