«Algúns bástalle con que a roupa lle sexa cómoda, outros xa piden marcas»

DEZA

05 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Pilar González é a responsable dunha tenda de roupa deportiva en Silleda. Agora é tempo de moita demanda polo inicio do curso e asegura que tamén é clave o papel que xoga o tempo, na venda tanto da roupa como do calzado.

-¿Cal é a prenda que máis se adquire para a práctica do deporte durante o inverno?

-O que máis son sudadeiras e o chándal completo e non só para facer deporte senón para andar pola rúa.

-Chega o outono e dá comezo un novo curso, non só para os nenos senón tamén para os maiores. ¿Nótase na venda de roupa deportiva?

-Si. Aquí en Silleda, por exemplo, nótase que empezou a ximnasia de adultos, aerobic, a patinaxe... Sempre se nota na venda de chándales.

-¿Qué é o que xoga un papel máis importante á hora de elexir chándal?

-A comodidade.

-¿Advírtese un aumento na compra de roupa deportiva entre os adultos?

-Si, porque teñen que andar e coas novas actividades.

-¿Pídese por marca ou os clientes dalle igual?

-Hai de todo. Algúns bástalle con que lle sexa cómoda, pero outros xa piden as marcas, un chándal Nike, as botas Salomon ou Goodyear...

-¿Pídense prendas dos ídolos de deportes?¿Cal foi a prenda máis estrana que lle pediron?

-Preguntan por os guantes de Iker Casillas, as botas de fútbol de Rolandinho. O que máis me chocou, e que non conseguín, foi a camiseta de Fernando Alonso, e non só, a del senón tamén a de Hamilton.