O corredor do Hierros-Diego Édgar Nohales cruza sétimo a meta do Trofeo Vila de Carballo

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

DEZA

07 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?n bo papel foi o asinado onte en Carballo polo Club Ciclista Estradense Hierros-Diego. Édgar Nohales cruzou no sétimo posto a liña de chegada do primeiro Trofeo Vila de Carballo tras manter xunto con outros catro corredores unha escapada que durou 120 quilómetros. A película da carreira, de 138 quilómetros de percorrido sobre un circuito ao que deron tres voltas, comezou cunha escapada de cinco corredores no quilómetro 10. Nohales acompañou a Jorge Lorenzo e Antonio Cerezo do Nagares, e os portugueses César Ponte e Ricardo Vilela do Leclerq nunha escapada en solitario que se abortou a falla de 10 quilómetros para a meta cando unha avanzadilla de 10 homes do pelotón se uniu ao grupo de cabeza. A partir de aí, deu un novo xiro a carreira, que comprobou como o alto de Anxeriz funcionaba a modo de tramo selectivo. Ao remate da proba, o portugués Vilela subiu ao máis alto do podio. Nohales entrou de sétimo, Jesús González de 16 e David Álvarez de 18. Dos 60 corredores que tomaron a saída, tan só 24 foron quén de rematar a carreira. Os que tamén competiron onte foron os xuvenís, que correron en Padrón o Trofeo Aluminios Cortizo con Javier Garíca cruzando sexto a liña de chegada. Para hoxe O Club Ciclista Estradense Hierros-Diego viaxará hoxe a Marín para desputar o trofeo Virxe do Carme. Pola mañá tomarán a saída da proba de estrada os cadetes, e a continuación os xuvenís.