Rocío García Eiras voltou de Logroño confiada en estar convocada para o Europeo

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

10 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A xogadora de rugbi lalinense Rocío García Eiras regresou xa de Logroño, donde participou nunha concentración coa selección española de rugbi. Rocío foi unha das 32 deportistas convocadas para as sesións preparatorias previas ao campionato de Europa que comezará o 25 de abril en Madrid. O vindeiro día 20 terá lugar unha nova concentración do equipo nacional ao que asisitirán xa as 26 xogadoras que integrarán o conxunto español no europeo. As sensacións coas que voltou Rocío García Eiras de Logroño son boas, «e confío en estar entre as convocadas para desputar o europeo», recoñecía onte Rocío. A pesar de que España non desputou ningún encontro amigable, Rocío referiuse á dureza das sesións de adestramento programadas polo técnico nacional. «O plan de traballo foi tan duro que o seleccionador tivo que modificar parte do programa debido á súa dureza», comenta Rocío. Europeo A participación de España no Campeonato de Europa de rugbi feminino levará ás xogadoras nacionais a medirse ás de Rusia, Italia e Inglaterra. Rocío amosaba a súa preocupación polo momento no que chegará o combinado nacional, «posto que os outros equipos veñen de xogar o VI Nacións, mentras que nós aínda non desputamos ningún encontro amigable», mantén a xogadora.