Sierra traballa co director lalinense Álex Sampayo no filme de terror «La pensión»

La Voz

DEZA

04 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Victoriano Sierra comezou a súa traxectoria profesional como xornalista, pero de seguido se decatou de que lle tiraba máis a ficción cá actualidade. Cando pegou o salto ó outro lado do espello, o estradense realizou varios traballos de producción. Sen embargo, non atopou o seu sitio ata que comezou a traballar como guionista da serie Rías Baixas , emitida na TVG. Atrás veu o traballo en Maridos e mulleres e a colaboración no capítulo piloto de La piel del tambor , unha serie baseada na novela homónima de Arturo Pérez Reverte que aínda está en proceso de creación. Entre os seus últimos traballos figuran tamén os diálogos para a nova tempada da serie A vida por diante , da división audiovisual de La Voz. Na actualidade, Sierra traballa co director lalinense Álex Sampayo no filme de terror La pensión , que se rodará no 2007 en Santiago, e imparte clases na Escola de Imaxe e Son de A Coruña.