A obra teatral «El gran regreso» xa ten cuberto o setenta por cento do aforo do teatro Principal
DEZA
? Estrada abre hoxe a súa programación cultural de outono coa obra teatral El gran regreso . O teatro Principal acollerá, a partir das 21.30 horas, as actuacións de Pepe Sancho e Miguel Hermoso, que son os protagonistas desta comedia contemporánea que trata sobre as relacións entre pais e fillos, a comprensión entre xeracións e o choque entre as tradicións transmitidas. Polo momento vendéronse xa preto de 280 entradas que representan un setenta por cento do aforo do teatro Principal, que conta con 400 localidades. A venda anticipada de entradas continuará activa ao longo da mañá de hoxe nas oficinas de Caixanova. No caso de esgotarse as localidades o teatro Principal non abrirá a súa taquilla pola noite pero se aínda quedan entradas á venda, a taquilla abrirase ás 20.00 horas.