A axuda destinarase a un colexio con mil alumnos e catorce profesores

La Voz

DEZA

21 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Os cartos que a Asociación Manuel Ferreiro entregou onte a Begoña Méndez servirán para complementar o paupérrimo salario que os 14 mestres da escola de Cobet cobran. En total son arredor de mil os alumnos aos que atenden en condicións extremas. Méndez loubaba onte a aportación feita polo colectivo lalinense ao lembrar que «es más difícil aportar dinero para algo tan poco visible como un salario, y sin embargo es más importante tener un profesor que atienda a los niños que cuatro paredes en las que dar clase». A asociación Manuel Ferreiro agarda poder contribuir con outras dúas doazóns no que resta de ano ao proxecto de Zambia. Dende o colectivo dezao lembran que calquera aportación que se faga será ben recibida, e que os cartos irán directamente ao colexio de Cobet, dende onde poderán recibir información da marcha do proxecto altruista a través de Begoña Méndez.