«A escola que apadriñamos en Zambia só tén dous lavabos»

Amelia Ferreiroa LALÍN

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

Entrevista | Soledad Sánchez Trujillano PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL MANUEL FERREIRO DE LALÍN Socios e cidadáns fixeron posible o envío de máis de 300 euros, para pagarlle o soldo a un mestre 13 meses

15 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O proxecto educativo no que está inmerso a Asociación Socio Cultural Manuel Ferreiro de Lalín vai por bo camiño, pero é preciso seguir recadando diñeiro. -Por iso organizamos este contacontos solidario, que terá lugar hoxe na sede do colectivo ás nove da noite. O contacontos máis internacional, Celsiño, é o que fará esta actividade á que esperamos veña moita xente. -A entrada custa un euro, ¿cuantía que se destinará íntegra á Cobet Community Scholl? -Absolutamente todo, non nos quedamos con nada. Recentemente fixemos un primeiro envío de 325 euros cos que se pagará o soldo dun mestre durante 13 meses, xa que cobran 25 euros ao mes. De pouco serven as escolas se non hai mestres que impartan clases. -¿A escola que apadriñaron tén moitas carencias? -Moitas, coma todas. No pasado mes de xaneiro caeu unha parede do centro cos nenos dentro a causa da choiva. Afortunadamente non ocurriu ningunha desgraza. Nesta escola que apadriñamos en Zambia por espazo dun ano hai preto de mil rapaces e tan só dous lavabos. -O contacontos coincide co Día Internacional do Neno Africano... -Foi no 76 cando os nenos negros saíron á rúa para pedir igualdade educativa.