Os rapaces do grupo Xirandola viaxarán ao parque Warner e coñecerán Segovia

la voz | lalín

DEZA

25 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O grupo Xirandola de Bandeira organiza todos os anos unha saída para os integrantes das categorías inferiores da formación. Nesta ocasión, e para ledicia dos rapaces, o destino é o parque temático da Warner. Cincoenta persoas partirán este sábado dende a localidade de Bandeira con destino a Madrid onde aproveitarán para visitar o museo do Padro, o Retiro e o estadio Santiago Bernabeu. A xornada do domingo adicarase só exclusivamente a disfrutar de todas as atracións do parque e o luns, cando xa se esté a pensar na volta a casa, se visitará Segovia. Serán cincoenta persoas as que se despracen. «Van integrantes de todas as categorías inferiores, con idades comprendidas entre os catro e os dezaséis anos, algún pai e tamén amigos dos rapaces xa que se lles deu a posibilidade de que levaran a algún que non formara parte do grupo», segundo explicou Javier Blanco de Xirandola. Un desprazamento que será financiado en parte polos pais dos rapaces e con fondos propios da agrupación. Por outra banda, xa se fixou a data para a celebración do festival infantil de Xirandola. Será o 20 de maio e os membros dos distintos grupos estrearán un bo número de bailes.