Escenas cotidiáns

ÁNGEL UTRERA

DEZA

TRIBUNA ABERTA | O |

09 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

OS MEUS RAPACES son o demo. Teño que recoñecer que ás veces rachan cos meus esquemas vitais, e certamente non os entendo. Vaia o tema polo da polémica acontecida nestes últimos días, acerca dos costumes alimenticios dos nosos fillos nestes tempos que padecemos. O progresivo alonxamento da dieta Mediterránea, a favor das enxurradas feitas cos produtos químicos que coa complicidade de todos nós, métennos polos ollos, costosísimas campañas de marketing, en pro do capitalismo, conseguiu acender a luz da alarma dos expertos en nutrición, que agora, nos alertan do risco real latente, das enfermedades cardiovasculares, o sobrepeso e a obesidade infantil. E todo isto, vese a diario nas nosas casas, os nosos fillos atibórranse de produtos de bolleria industrial, pseudobocadiños , hamburguesas e salchichas sabe Deus feitas de que, e ben aderezado cos botes de quetchus e demais, que todos nos sabemos. Pero a que xa vén sendo un grave problema é que se alimente case exclusivamente de elo, e que cando se fai nas nosas casas: un bo cocido, unhas lentellas das de sempre, con o seu chouriciño e todo o demais que se desfai a boca na auga, nada máis uliscalas na cociña, ou sinxelamente unha tortilla de patacas, monten a bronca porque o sabor non é coma o de tal ou cal sitio onde a comida é, por así decilo, de plástico, ou comida lixo. Preocuparse polo paladar Penso que os expertos en nutrición, tamén deben empezar a preocuparse pola pérdida de paladar dos nosos rapaces. Ou quizais sexamos nós os que debamos comezar a preocuparnos polos efectos destes produtos químicos que cumplen a la perfección o seu papel de atracción, ata o punto de seren imprescindibles, algo así como «unha nova dependencia», de maneira que sin eles, os nenos, sinten un especial «síndrome de abstinencia culinario». Quizais sexa unha esaxeracion, pero a min paréceme un tema interesante para reflexionar. ¿Acaso pode ser lícito todo, en beneficio dos intereses económicos?. ¿Incluso por enriba da saúde?