Taboada amosa a antolóxica «Dunha orixe a un destino»

Amelia Ferreiroa lalín

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

En dous minutos |?A realidade dun tempo Na aula sociocultural de Caixa Galicia pode verse dende hoxe o traballo da artista

12 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Tres espazos, tres tempos , S e dicimos si a esperanza , Damnificados e España unida chora. 11M son algunhas das creacións máis recentes da artista lalinense Pilar Taboada, que dende hoxe se lle amosan aos ollos inquietos dos visitantes na sala da aula sociocultural de Caixa Galicia, en Santiago de Compostela. Unha mostra antolóxica que abrangue dende o ano 1994 ata a actualidade e que xurde baixo o título Dunha orixe a un destino , un angosto camiño de investigación sobre a riquísima cultura dos Tacariguas que viviron no Estado de Carabobo. Co decorrer do tempo Pilar Taboada penetrou na historia destes precolombinos, como lembra a crítica de arte Mercedes Rozas, chegando a coñecer a rica simboloxía das súas divinidades. Pero á artista dezá preocúpalle tamén o momento, o presente e o que ocorre no mundo. Froito desa necesidade de exteriorizar os sentementos está Un canto pola liberdade ou Éxodo, Afganistán . Acrílicos texturizados e verniz sobre tea, area e xeso, crackle glaze, carboncillo e modeling paste para unhas creacións que impactan, que convidan ao visitante a reflexionar e a deterse, pararse e ollar. Taboada é unha creadora plena, polifacética e aí está o seu políptico: un mural en ferro, que da nome precisamente a esta mostra, e mesmo un arquetipo Valencioide en pedra; un pequena peza escultórica realizada pola artista no ano 2003 e que tamén se poderá contemplar nesta mostra.