Bamarti decide non reclamar a retirada da súa victoria no Rali do Albariño


la voz | a estrada

?osé Miguel Martínez Barreiro, Bamarti, preferíu tomarse con filosofía a decisión da organización do Rali do Albariño de despoxalo do título de campión da proba tan só dúas horas despois de proclamalo vencedor da mesma con 7 segundos de vantaxe sobre Manuel Senra. Ao final, e despois de revisar os seus propios datos, os responsables do Rali déronlle o triunfo a Senra por 2 segundos.Bamarti explicou onte que «non imos reclamar o resultado final. O tempo pon a todo o mundo no seu sitio, e se merezo gañar voltarei a facelo». O estradense explicou que «o sábado todo o mundo me felicitou cando chegamos ao parque. De feito, fixeron baixar a Senra do podio, e despois dunha hora proclamáronme vencedor. Entregáronme a copa e todo. E a iso das dúas da mañá chamáronme para dicirme que xa non era o gañador». Por sorte para el «tomeimo ben dentro do que cabe», aínda que como é lóxico lanza unha crítica á organización do Rali do Albariño, proba que queda, di, cunha mala imaxe porque «o erro non afectaba ao coche número 100, senón ao primeiro. Semella que cada vez que acontece algo tennos que pasar a nós», lamenta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Bamarti decide non reclamar a retirada da súa victoria no Rali do Albariño