Proxeccións de curtametraxes, danzas e teatro para amenizar o mes de marzo


O Barriga Verde Café non só amosa a creatividade dos artistas galegos senón que amplía a oferta cultural na comarca cunha serie de actividades, que voltan a retomarse ao longo deste mes. Despois da actuación onte de Rao trío, o vindeiro venres tocaralle o turno a Gaira. Martha Franco ofrecerá un espectáculo no se combina a danza oriental cunha selección musical escollida por un dj. Un acto que se levará a cabo en colaboración con ximnasio Ferro's e que terá un prezo de entrada de 3 euros para o público e será gratis para socios. Para o 17 de marzo anúnciase unha proxección de cinco curtametraxes da Rede Galega de Cinema Alternativo e, o día seguinte, actuará o grupo de teatro Malalúa que porá en escea a obra Histéricas . Os interesados en ver esta peza terán que abonar dous euros en concepto de entrada e para os socios tamén será gratuita esta actuación.

Votación
0 votos
Tags

Proxeccións de curtametraxes, danzas e teatro para amenizar o mes de marzo