O Concello de Cruces nomea a Neira Vilas «Fillo predilecto» e a Anisia Miranda, «Filla adoptiva»

La Voz LA VOZ | LALÍN

DEZA

M. M.

24 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? corporación cruceña aprobou onte por unanimidade nomear ao escritor Xosé Neira Vilas como «Fillo predilecto do Concello de Vila de Cruces», e a súa dona, Anisia Miranda como «Filla Adoptiva do Concello». A corporación quere con este nomeamento recoñecer o seu traballo en prol da cultura desde a Fundación Neira Vilas de Gres, tanto coas actividades que nela organizan, como coa súa colaboración coa biblioteca municipal. Ademais destacan a labor de Neira Vilas como un dos autores de referencia da literatura galega. Agora, constituirase unha comisión organizadora do acto de homenaxe na que estarán presentes o alcalde, o edil de Cultura e un representante de cada un dos grupos da oposición. En 1985, o PSOE pedira a distinción onte aprobada para un dos autores de referencia na literatura galega, sen que naquel momento seguira adiante. Premio Otero Pedrayo A corporación tamén apoiou a candidatura de Xosé Neira Vilas para optar o Premio Otero Pedrayo 2005. Previamente, o alcalde xa mostrara a súa adhesión á candidatura.