Ducias de «bágoas de San Lourenzo» atravesarán o firmamento esta madrugada

La Voz

DEZA

10 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

A mediados do mes de agosto, coincidindo coa festividade de San Lourenzo, ten lugar unha chuvia de perseidas que este ano se espera que sexa máis intensa que en anteriores ocasións. O fenómeno das perseidas non é máis ca unha nube de restos dun cometa que ó entrar en contacto coa atmósfera comezana desintegrarse e xera escintilantes imaxes. Esta madrugada, se as nubes non tapan a visión do fenómeno, poderían chegar a verse nos ceos de Deza e Tabeirós ata 40 ou 60 meteoros por hora. Os curiosos e amantes dos fenómenos astronómicos só terán que buscar un sitio despexado no que poder observar as escintilantes estrelas. Nesta ocasión, ás persedidas procedentes da nube de restos do cometa, uniranse os restos dun filamento de polvo que aínda non tiña atravesado a órbita da Terra.